Deseño gráfico

Dende o ano 2012 adícome ó deseño gráfico de forma freelance, alternándoo con outros traballos de ilustración.

Elaborei a imaxe corporativa de diversas marcas como "Elaboraciones Artesanas Lemar", "Centro Auditivo Nordés", "Academia Leirado", etc.

Normalmente aposto por deseños sinxelos e limpos que sexan doados de lembrar e que transmitan a mensaxe de forma que se comprenda claramente cun golpe de vista. Ademais, aposto por combinacións de cores que están menos vistas ou empregadas, e experimento con tipografías, priorizando sempre a boa lectura das mesmas.

Dentro do ámbito do deseño gráfico teño feito todo tipo de proxectos, dende logotipos, carteis, folletos, ata vinilos de escaparate ou presentacións de empresa en PDF. Envío exemplos de traballos por correo electrónico se o precisas.

Pide presuposto sen compromiso.