Eventos

MORGANA E FILLAS NO TRADFEST
31 de xullo de 2021

O sábado 31 de xullo participei na feira de artesanía do TradFest en Santiago de Compostela, ubicada entre o CGAC e o parque de Bonaval.

 

Compartín espazo con outros artesáns e marcas galegas de calidade. Foi un pracer participar xunto con todas elas e recibir as visitas de tantas persoas interesadas na cultura galega, mentres soaban diferentes grupos de música amenizando o día dende pola mañá.

Agardo poder vernos pronto en máis feiras. Irei informando a través desta web e as redes sociais.

EXPOSICIÓN "FORTES, AGORA E ANTES"
23 de xullo de 2021

O venres 23 de xullo inaugurouse a exposición "Fortes, agora e antes", organizada por Isabel Patiño, con ilustracións feministas da miña marca "Morgana e fillas".

A presentación tivo lugar no asador-vinoteca A Veiga (en Cacheiras, Santiago de Compostela), onde compartín coas persoas que se achegaron os motivos polos que naceu a marca e o que me inspira a debuxar.

A exposición poderá visitarse ata finais de setembro. Grazas a todas as persoas que vos achegastes a arrouparme ese día e ás demais que a visitedes. Agardo que vos guste!