Ilustración

Gústame debuxar todo tipo de seres, lugares, animais e plantas cun toque de fantasía. Fuxo dos clichés e do que xa está inventado, por iso desfruto cando creo algo que aínda ninguén debuxou ou non se sabe ben que forma debería ter.

Na actualidade debuxo dixitalmente con tableta gráfica e cos programas Adobe Illustrator e Adobe Photoshop, o cal permíteme empregar efectos especiais que transmiten as características máxicas, atmosferas e texturas que quero conseguir nas miñas ilustracións.

Teño feito dende debuxos para libros infantís con trazos máis sinxelos, ata debuxos máis elaborados con maior realismo ou detalle. Calquera das técnicas que emprego teñen en común acadar unhas ilustracións distintas, coa miña pegada persoal: gústame utilizar cores atípicas, personaxes cunha certa escuridade, rasgos esaxerados ou desproporcionados... Todo isto ten unha razón de ser, e é que para min a beleza está no diferente, na irregularidade e na sorpresa, como dicía Baudelaire.

Recollo influencias de artistas como Natalie Shau, Tim Burton, Benjamin Lacombe, Nicoletta Ceccoli, Anton Semenov, Jessica Angiulli e Rébecca Dautremer, entre outras.