Morgana e fillas

"Morgana e fillas" é unha marca galega feminista autoxestionada que creei no ano 2017.

Xurde da unión de dous aspectos fundamentais na miña vida: un deles é o debuxo, o outro, lanzar unha mensaxe que sirva para mellorar o mundo que habitamos. Neste caso en prol do feminismo.

Por unha banda, a marca conta con ilustracións de mulleres importantes na historia, co obxecto de rendirlles homenaxe e propagar os seus fitos.

 

Por outra, conta con variedade de ilustracións de rapazas loitadoras, que son o futuro; mulleres diversas: negras, gordas, lesbianas...; e mulleres máxicas: bruxas, sereas...

A proposta é proxectar unha imaxe de muller forte, poderosa e real; plasmarnos tal como somos, diversas, unidas, e capaces de todo.

  • Instagram

Segue a "Morgana e fillas" en Instagram