








Retratos
Se buscas algo especial, algo máxico, aquí está!
Realizo ilustracións personalizadas por encargo. Podes escoller os motivos e decoracións: mundo élfico, fadas e duendes, mundo Harry Potter ou inspirado nas casas de Hogwarts, con algo de Tim Burton ou dalgunha outra película... O que se che ocorra, eu fágoo realidade.
FORMATO
As ilustracións envíanse impresas en papel de 300 gr. a toda cor, con ou sen marco.
Medidas dispoñibles:
- Cadrado: 25 x 25 cm.
- A4, tamaño folio: 21 x 29,7 cm.
- Grande: 30 x 40 cm.
Tamén entrego a ilustración en formato PDF (dixital) se o prefires.
Pregunta sen compromiso.