Sobre min

IMG_20210803_205656.jpg

LIBROS ILUSTRADOS

2021

"Sucedeu no camiño primitivo" (Auga Editora)

"Vanesa quiere ser futbolista" (Auga Editora)

2020

"Cando soa a buguina" (Xerais)

"A aventura de Gas, Pin e o colar de Crispín" (Auga Editora)

2019

"A ecopanda e o misterio do románico" (Auga Editora)

"Vanesa, Mito y Mixa" (Auga Editora)

"Sementamos igualdade" (Auga Editora)

"A camiñada de Pin e Gas" (Auga Editora)

2018

"Rumores de Compostela" (Auga Editora)

"A invención do salgueiro" (Auga Editora)

2017

"Los oficios de Olea, Elaia y Zaitum" (Auga Editora)

"O amor eterno de Rozabales" (Auga Editora)

2016

"Telma, Leire e os coellos sabios" (Auga Editora)

"O castiñeiro dos desexos" (Auga Editora)

2015

"A palabra máxica" (Auga Editora)

"O país das andaviras" (Sotelo Blanco)

"Chove meu doce amor pra que eu soñe" (Sotelo Blanco)

2014

"Miguel, una cabrita y un sueño" (Auga Editora)

"Soños de mar" (Xerais)

Son Viki Berre, ilustradora galega nada en Muxía (A Coruña) no ano 1990.

Comecei a debuxar sendo unha nena, sempre rodeada de papeis e lápises de cores. Ademais, teño unha nai pintora, a miña gran referente, que me transmitiu a importancia da arte e o amor por ela.

 

Estudei Realización de Audiovisuais na EIS de Lugo, e traballei como deseñadora gráfica freelance durante anos creando a imaxe corporativa de varias marcas, deseñando carteis e folletos. Pero pronto descubrín que quería adicarme profesionalmente á ilustración.

 

Moito do que aprendín foi de maneira autodidacta, aínda que realicei diversos cursos de deseño gráfico e participei na “Escola de ilustración O neno amarelo” (2013).

Especialiceime na creación de personaxes, sobre todo fantásticos: fadas, meigas, criaturas de lendas...Disfruto debuxando seres que ninguén debuxou antes, creando monstros e bechos diferentes, isto permíteme xogar coa creatividade e expresar o que levo dentro.

Adoro debuxar figuras femininas e estou moi comprometida co feminismo. Elas son sempre as protagonistas da miña obra.

Ademais, ilustrei diversos libros infantís e xuvenís con "Auga Editora", "Xerais" e "Sotelo Blanco".